Tuesday 14 de May de 2024

Finalizan os traballos de renovación da iluminación na N-6 ao seu paso por Bos


· A actuación, que contou cun orzamento de 243.000 euros, incluíu a instalación de 47 novos puntos de luz.

O Concello de Bergondo finalizou os traballos para a mellora da iluminación na N-6 ao seu paso polo lugar de Bos, na parroquia de Guísamo. O proxecto, valorado en 243.659,74 euros, financiouse na súa totalidade con fondos municipais.

A través desta actuación ampliáronse as luminarias existentes. Ademais, tamén se renovaron os cadros de mando dos que dependen os diferentes circuítos.

Así, se han instalando 47 novos puntos de luz en columnas de aceiro galvanizado e luminarias LED de 160 W, renovando varios cadros de mando e desmontando algúns puntos de luz existentes, incluídas columnas, sen reposición.